Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

El poder del diner (O poder do diñeiro).O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

Lámpadas solidarias.

Llibertat.cat. Logotipo.Llibertat.cat. Luns, 1 de maio do 2017.

Apuntamentos con liberdade.

Lámpadas solidarias.
Por Teresa Sala, escritora. Responsábel Proxecto Àmber.
Tradución ao galego: Elisa Borrazás.

Teresa Sala.Benito Muros era un empresario que tiña medo a voar. Para superar este medo, sacou o título de piloto de aviación civil. Viaxando por Estados Unidos coa súa familia, foi a California, pasando xusto por diante do parque de bombeiros de Livermore, onde había unha lámpada acesa case ininterrompidamente desde 1901. A que debía ser unha visita dun par de semanas, cando xa o resto da familia voltou a casa, converteuse nunha estadía de varios meses, co fin de estudar como é posíbel que unha lámpada dure tanto tempo, tendo en conta a escasa duración das actuais.

Benito Muros descubriu a obsolescencia programada, a anticipación da fin da vida útil dos produtos fabricados, realidade que comezou xustamente cun pacto entre os diferentes fabricantes de lámpadas. Cada ano tíranse 7000 millóns. Supón un gran malgaste de recursos naturais e a creación de vertedoiros inmensos, sobre todo no Terceiro Mundo, tal como reflectiu despois o documental «Comprar, tirar, comprar».

Este empresario decidiu fabricar como símbolo unhas lámpadas coas seguintes características: moi longa duración, moi baixo consumo, con materiais non contaminantes (sen chumbo nin mercurio), non prexudiciais para a saúde, reparábeis e actualizábeis, dando traballo a talleres de proximidade, integramente fabricadas en Cataluña, sen deslocalizar postos de traballo a países sen dereitos laborais nin sociais, nin importar materias primas que utilizarían un petróleo cuxo control xera guerras, e con persoal con risco de exclusión social.

Superando diferentes obstáculos, actualmente preside a Fundación FENISS, que outorga a certificación ISSOP a empresas e entidades que fabrican Sen Obsolescencia Programada (SOP), entre elas Light and Life (Lixeiro e Vida), o seu último proxecto empresarial de lámpadas SOP; Prososphera, que tamén fabrica lámpadas SOP e baterías de longa duración; e mesmo a multinacional Casio, con proxectores de imaxes moito máis persistentes.

Benito Muros coa lámpada «Actua Vida E27» na man.Como exemplo de solidariedade coa nosa economía e o medio ambiente, Light and Life saca ao mercado a lámpada Actua Vida E27, que pode durar 90 anos sen ningún problema. Consome un 90% menos que as incandescentes, 72% menos que as fluorescentes e 20% que o resto de lámpadas LEDs. Fabricáronse as primeiras quince aplicando numerosas probas de tensións e continúan dando luz como o primeiro día. Os seus beneficios irán parar a organizacións como Proxecto Ámber e Cáritas que invisten en proxectos solidarios de África e do Estado español, reivindicando a data do 18 de xuño, aniversario da centenaria lámpada de Livermore, como Día Mundial por un mundo Sen Obsolescencia Programada.

Ligazón do artigo orixinal en catalán:

https://www.llibertat.cat/2017/05/bombetes-solidaries-38531


Ligazón relacionada:

Comprar, tirar, comprar. Versión ampliada. Vídeo en castelán.

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail